EVENTOS│POP-UP ¬ ACÉFALA ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

  1.  

CARTEL POP-UP EN ACÉFALA

Sábado 30 Dec | 12:00 - 22:00 h
Acéfala (A Coruña)
Entrada:(doazón) libre ata completar aforo

Mercado de vinilos • casetes • autoedición

• JUAIT + CHÉ GARRIDO (live)
• CHAGO
• LCTRCT

+ Audicións e Sorteos dos últimos lanzamentos da nosa editora
+ Sorpresas e viño quente

O día 30 de decembro estaremos en Acéfala cunha pequena selección das propostas sonoras e gráficas diverxentes que configuran a identidade de El Muelle 1931.

El Muelle 1931 é unha plataforma vinculada ao negocio familiar que distribúe publicacións tanto de proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais.

El Muelle 1931 Shop nace coa intención de achegar a un público máis amplo aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes. Un espazo onde convivan proxectos de edición a pequena escala e microeditoriais, pero, sobre todo, un punto de encontro para manter a conexión co local e crear redes de apoio entre artistas que autopublican os seus propios traballos.

Ademais do mercado de discos e autoedición poderedes gozar da segunda colaboración entre Juait e Ché Garrido ao vivo e das Colaxes Sonoras de Chago & LCTRCT.

Tamén compartiremos con vós a audición dos últimos lanzamentos que acabamos de publicar coa nosa editora.

Sortearemos copias dos novos álbums de NINA HARKER e KOU e a ultimísima copia que nos queda da reedición do LP de NINA HARKER publicado no 2021.

Teremos unha chea de sorpresas e viño quente!

*Se coñeces a alguén que poida estar interesada no noso catálogo de insólitas propostas convidaa a este despampanante evento!

¡Longa vida ao colectivo Acéfala!
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Leave a comment