La chica con el sol en la cabeza - ElMuelle1931
La chica con el sol en la cabeza - ElMuelle1931
La chica con el sol en la cabeza - ElMuelle1931
La chica con el sol en la cabeza - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, La chica con el sol en la cabeza - ElMuelle1931

La chica con el sol en la cabeza

Regular price
€10,00
Sale price
€10,00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

Carne Líquida / 2016 / Caderno A4 - Grapa / 36 páxs. / B/N (portada, interior) / Castelán

* english below
" La chica con el sol en la cabeza, publicada en 2016. Trátase dun caderno de gran formato —similar en dimensións ao típico álbum franco-belga— e moi ben editado, que contén unha historia de sabor victoriano, pero reminiscencias oníricas e surrealistas. Rodríguez xoga a intervir e/ou imitar gravados decimonónicos para contar unha historia de amor e obsesión, protagonizada por un home e unha muller que son representados mediante sombras. Esta factura constrúe un ambiente de farsa, porque subliña a impostura da obra e a súa condición de artefacto. Os textos ao pé —a obra carece de diálogos— teñen un estilo formal e utilitario, que contrasta co alento poético das imaxes dun modo que me lembra ao que logra Olivier Schrauwen en Arsène Schrauwen (Fulgencio Pimentel, 2017), aínda que carece da súa tendencia á ironía e aos dobres sentidos motivados polo contraste entre palabra e debuxo. Ten pasaxes mudas, ademais, onde a forza das imaxes e a capacidade narradora de Brais Rodríguez son suficientes para entender todo, como sucedía naquelas series de gravados de William Hogarth. Pero o tema central, a obsesión por alcanzar unha quimera —neste caso, unha illa misteriosa—, volve ao primeiro plano no capítulo final, que ten o sabor das narracións arquetípicas"- Gerardo Vilches (Thewatcherblog)