{"product_id":"un-monte-todos-os-montes","title":"Un monte todos os montes","description":"\u003cdiv class=\"page\" title=\"Page 3\"\u003e\n\u003cdiv class=\"layoutArea\"\u003e\n\u003cdiv class=\"column\"\u003e\n\u003cp\u003eAzul mais Verde Coop.\/ 264 páx\/ GL\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEn Galicia, o monte foi historicamente peza central da vida comunitaria: ligado á organización territorial da parroquia, xestionado como propiedade privada colectiva e inalienable, sostén dunha economía de vida común que a industrialización foi esvaecendo. Un monte todos os montes parte desta realidade para propoñer un desprazamento: pensar o monte\u003cbr\u003enon como recurso a xestionar nin como paisaxe a preservar, senón como constelación de territorios concretos atravesados por memorias, prácticas e formas de gobernanza que poden converterse en ferramentas operativas para futuros desexables. A publica-acción estrutúrase en catro partes que se entrelazan e reforzan entre si: A primeira explora a acción cultural como espazo posibilitador —a través de proxectos situados\u003cbr\u003ecomo Terra Creativa no Monte Cambeiro de Corcubión, Terra Común coa Comunidade de Montes de Couso \u003cbr\u003een Gondomar, ou Reverdecer nos bosques autóctonos de Galicia— onde a arte e a mediación abren formas de relación co monte que van máis alá do simbólico. A segunda recolle figuras de gobernanza do territorio: a custodia, os comunais, a litigancia estratéxica e os dereitos da natureza —con experiencias como a Declaración de dereitos do río Tins \u003cbr\u003een Serra de Outes, primeiro recoñecemento deste tipo en Galicia— como instrumentos para potenciar \u003cbr\u003ea acción cidadá sobre o monte. A terceira convoca as memorias das comunidades que resisten xunto ao monte ameazado: desde Ourense, \u003cbr\u003ea través do río Bibei en Vilariño de Conso, historicamente embalsado e hoxe ameazado por un novo proxecto hidroeléctrico reversible; pasando pola Costa da Morte cunha problemática similar no monte comunal da Ruña en Mazaricos; e chegando a Traspielas, en Fornelos de Montes, Pontevedra, onde espertamos a memoria da resistencia contra o vertedoiro e a canteira. Por último, un ensaio visual entra e sae ao longo da publicación, facendo un convite á observación \u003cbr\u003edo monte. Impulsada por Azul mais Verde Coop. e apoiada pola Fundación Daniel y Nina Carasso, a publicación reúne investigación, creación, mediación e traballo comunitario desde distintos puntos de Galicia. \u003cbr\u003eO propio libro, na súa forma e materialidade, ensaia unha práctica de biodiversidade: composición aberta de escalas, ritmos e voces —en galego normativo, popular, reintegrado e portugués— que o lector percorre como experiencia. O libro conta cunha rede de autoras e axentes en distintos territorios de Galicia e está dispoñible para presentacións, conversas e encontros en librarías e espazos culturais e sociais.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eCuraduría e edición: Azul mais Verde Coop.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eTextos: Adriele Andrade Précoma • Natalia Balseiro • Lara Barros Alfaro • María Bella •\u003cspan class=\"Apple-tab-span\"\u003e \u003c\/span\u003eMartiño Cabana Otero • Joám Evans Pim • Susana González • Outonía S. Coop. Galega•\u003cspan class=\"Apple-tab-span\"\u003e \u003c\/span\u003eÓscar Rivas López • Fran Rodríguez Casal\u003c\/p\u003e\n\u003cdiv\u003eEnsaio visual:  Antonio Nodar\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eDeseño: Andrés López Estudio\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eEditor convidado: Roberto Abuín\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eApoio e financiamento: Fundación Daniel y Nina Carasso\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eDistribución: Consorcio Editorial Galego\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eImpresión: Agencia Gráfica\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e","brand":"Azul mais Verde Coop.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":57049372623192,"sku":null,"price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0538\/4486\/9300\/files\/un-monte-todos-os-montes-2843004.jpg?v=1775379849","url":"https:\/\/www.elmuelle1931.com\/products\/un-monte-todos-os-montes","provider":"ElMuelle1931","version":"1.0","type":"link"}