EVENTOS │FESTA II ANIVERSARIO ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)
FESTA II ANIVERSARIO (Da Tenda Física)
“Dous días de música, autoedición e comunidade arredor do vinilo e outros formatos analóxicos para celebrar a cultura independente”
w/ Olmo Blanco (Sketches from Galiza) & Chago + Futuro Final (Trazos Resonantes) & Ché Garrido (Casete Set Híbrido) & Fiesta En El Vacío (Live) & FROM (Live) & Croma Nueve (Live) & Novasoyuz (Cinema Expandido) & ElMuelle1931 Selectores (Djs)
Sábado 20 Setembro | 11:00 - 14:00 & 17:00 - 21:00 h
📍 ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)
Olmo Blanco (Sketches from Galiza)
Ché Garrido (Casete Set Híbrido)
Futuro Final + Chago (Trazos Resonantes)
Domingo 21 Setembro | 17:00 - 22:00 h
📍 C.S. Da Caramoniña (Rúa da Caramoniña, 25)
Fiesta En El Vacío (Live)
FROM (Live)
Croma Nueve (Live)
Novasoyuz (Cinema Expandido)
ElMuelle1931 Selectores (Djs)
OLMO BLANCO (Sketches From Galiza)
En “Sketches from Galiza” o artista Olmo Blanco presenta unha selección de traballos que exploran diferentes aspectos do contexto galego. A mostra inclúe varias series gráficas, resultado do seu traballo nos últimos anos, e que teñen como soportes principais o papel impreso e o “site specific “
CHÉ GARRIDO (Casete Set Híbrido)
Cun set híbrido composto por sintetizador e reproductores de casete, Che Garrido será o encargado de darlle protagonismo á cinta, porque muta, porque está paradoxicamente vencellada á perpetuidade e ao nacemento. Porque a casete rexeita desapararecer, degradándose nunha transformación suxerinte, como si se tratase da última fase dunha metamorfose, pero simultaneamente permite voltar a comezar, facilita o compartir, o desprazamento, rexeita a propiedade e o inmobilismo. Che Garrido forma parte de formacións coma Novasoyuz, VoNguyenGiap Ensemble e Zunzún, centradas na improvisación sonora.
https://chegarrido.bandcamp.com/album/el-muelle
FUTURO FINAL + CHAGO (Trazos Resonantes)
Un diálogo en tempo real entre pintura e son.
Chago traza unha paisaxe sonora mentres Futuro Final deixa que o pincel respire ao seu compás. Un encontro no que a música convértese en cor e o son faise trazo.
FIESTA EN EL VACÍO (Live)
Luna María Cedrón reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia. Baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, a artista convoca unha serie de musicalidades latinas que constitúen súa carreira: letras occitanas, flamenco, baladas populares de Venezuela atópanse aquí coas novas xeracións de música urbana: ritmos de reggaeton e instrumentais de electrónica afiada. Sobre estas bases, no seu último disco, os textos sen concesións non deixan alternativa: reivindicación da emancipación da muller, as loitas en curso e o combate contra esta orde de cousas que xa non convén a ninguén. Fiesta En El Vacío é un berro do corazón , pero sobre todo un alento á esperanza: un vasto programa benévolo.
https://simplemusicexperience.bandcamp.com/album/fiesta-en-el-vaci-o
FROM (Live)
FROM é o proxecto en solitario do artista Fernando Romero, músico e produtor asturiano afincado actualmente nos Países Baixos. A súa proposta combina influencias do jazz, o dub, o post-punk e certos ecos da tradición musical española.
Logo do seu debut con Insecto (2022), From deu forma durante dous anos ao seu segundo traballo, Modelo para armar (2024), un disco ambicioso que reflicte unha clara evolución como compositor, produtor e letrista. Gravado entre os Países Baixos e España, este novo álbum esquiva modas e lugares comúns para construír, desde a intuición e o detalle, un universo propio. Achegándose ao flamenco, o punk ou ao slowcore cun enfoque totalmente persoal, Modelo para armar reafirma a súa singularidade dentro do panorama estatal, convertíndose nun deses discos que propoñen algo distinto, feito con mimo e sen atallos.
https://fr0m.bandcamp.com/album/modelo-para-armar
CROMA NUEVE (Live)
Croma Nueve é unha das aventuras creativas de Ulises e Fernando. Máis que un proxecto cun rumbo ou formato fixo, é un espazo aberto á experimentación. Nas súas últimas propostas xogan con samplers, bases de sintetizadores e percusión acústica, creando atmosferas que de cando en vez volven ás súas raíces máis pop.
https://cimatariofuexorecordings.bandcamp.com/album/sobre-la-explosi-n
NOVASOYUZ (Cinema Expandido)
Membros de Colapso Colectivo conforman un proxecto de improvisación visual e sonora na que unha colección de rexistros sonoros son manipulados por CHAGO & LCTRCT aos pratos, casetes e colaxes sonoras, fundíndose coas densidades texturais electrónicas nas mans de CHE GARRIDO (síntese modular, saxo e outros instrumentos) e cos bordóns de XISELR artellados partindo dun sistema de dispositivos electrónicos DIY. Un universo audible que se expande cara o visual a través técnicas analóxicas propias do cinema expandido elaboradas por M8 (CRIS LORES, BELÉN VELEIRO E LÚA SÁLAMO), conformando unha caleidoscópica proposta na que imaxe e son, son e imaxe, interactúan proporcionando unha experiencia netamente sensorial e inmersiva
*Entrada de balde
Chegade cedo para non quedar sen sitio!
(◉‿◉)
Follow us / Síguenos
Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop