EVENTOS│FUN FUN FUN ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)
Este sábado celébrase no local da Asociación Itaca (Rúa do Pombal, nº18) a V Edición do FunFunFun: o Movidote de Autoedición de Compostela. Un encontro onde diferentes autoras e colectivos vinculados ao faino-ti-mesmo estarán amosando os seus proxectos autoeditados.
Pola tarde estaremos participando no mercado cunha pequena selección en casete das propostas sonoras diverxentes que configuran a identidade de El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que nace coa vocación de achegar a un público máis amplo aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes (tanto de proxectos que nacen na nosa contorna máis próxima, como selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais), músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».
A "Cultura da Casete" ou "Cassette Underground" é a escena musical internacional que se desenvolveu por mor do punk e do movemento Industrial na segunda metade da década de 1970 e continuou durante a primeira metade da década dos 80 (o período "postpunk"). O auxe deste formato e a mentalidade DIY deron como froito unha escena buliciosa moi activa desde finais dos 70 ata principios dos 90 na que un gran número de músicos afeccionados alleos á industria musical establecida, que adoitaban gravar nas súas casas e en cintas de casete, producían música, a miúdo de carácter non convencional, que logo duplicaban en cantidades moi limitadas e distribuían gratuitamente ou vendían a baixo prezo a outros participantes na escena e aos seus seguidores.
As casetes intercambiábanse en concertos, selos de venda por correo e pequenas tendas de discos independentes. Os novos grupos coñecíanse grazas ao boca a boca ou a recompilacións apoiadas por selos discográficos e pequenas compañías que producían edicións só en casete e en pequenas tiradas.
Debido ao número limitado de copias por lanzamento, a venda por correo era a forma máis común de distribución. O DIY era o espírito da escena e as artistas e pequenos selos atopaban as súas propias formas de distribuír o seu material. A produción masiva de casetes era moito máis barata que a de vinilos, e recortábanse gastos sempre que se podía. Comprábanse casetes baratos, o que daba ao son un aspecto de baixa fidelidade, e utilizábanse ilustracións en branco e negro. Ás veces tamén se utilizaban fotos recortadas de revistas e libros. As ilustracións completamente en cor eran raras. Os artistas debuxaban a man sempre que podían. Ao fotocopiarse, os planos eran máis baratos, o que engadía unha calidade lixeiramente degradada á obra.
Desde o ano 2000 produciuse un rexurdimento do uso da cinta de casete para a edición de música independente (moi a miúdo xunto coa edición dixital) e xurdiu unha nova "escena da casete".
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!