EVENTOS │FESTA ANIVERSARIO ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)
w/ Wences Lamas (Oráculo Dos Discos) & Juait (Live) & Libredón (Live) & Chago (Live) & La Isla Del Tesoro (Dj) & Enamáis (Seleccionando os seus discos favoritos da tenda)
Sábado 14 Setembro | 11:00 - 14:00 & 17:00 - 22:00 h
📍 ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)
WENCES LAMAS (Oráculo Dos Discos)
A medio camiño entre un taller de autocoñecemento e un espectáculo, o artista e terapeuta Wences Lamas propón viaxar a un oráculo caótico, tenro e imprevisible para ler o noso presente. Un encontro amoroso onde investigar a propia existencia.
Os dilemas cotiás, enfados familiares, leas laborais ou ansias amorosas están sempre roldándonos. Cando nos xuntamos evitamos falar desas dores ou recibimos respostas esquivas como “malo será” ou “pouco a pouco”. No Oráculo a proposta é unirse para tratar de exorcizar estas cuestións con valor, amor e humor. O xogo consiste en que os/as asistentes escriban unha pregunta anónima, que depositan nun bote; Wences comeza entón a lectura buscando a resposta cun feixe de tarots improvisados (neste caso, as portadas dos discos do Muelle1931Shop).
A mirada aguda, sen prexuízos; cósmica e cómica converterá entón cada imaxe nun portal de revelación que mestura o trivial e o transcendental. Créase, así, un ambiente íntimo, lúdico e máxico que fai mudar, de súpeto, aos asistentes, en consultantes e adiviños.
LIBREDÓN (Live)
Un método vulnerable é orgánico porque se ve influenciado por procesos circunstanciais. As ferramentas empregadas no proxecto actúan como catalizadores dos erros de proceso, xirando ao redor do risco e a imperfección.
O expolio sistemático das ideas e a necesidade adictiva por eses motivos externos, conxugan unha hipérbole. A súa existencia abrolla do ir e vir constante, entre a realidade e a ficción, entre o analóxico e o dixital.
Nestas conversas improvisadas, a afirmación e a negación correxiranse mútuamente e reinterpretaranse collendo forma a través da acción.
A desinformación e o descoñecemento son unha opción real. O latexo perpetuo do misterio da razón é o seu asincopado contrapunto.
JUAIT (Live)
Adrián Blanco aka Juait, presenta o negocio da gama baixa, son da contorna para un live máis libre e intimista do habitual, sempre coa sua pegada de echoes dub.
CHAGO (Live)
Accidentes sonoros en loops automáticos. Erros en serie. Formas aleatorias para unha BSO de parvulario.
LA ISLA DEL TESORO (Dj)
La Isla del Tesoro é coñecido polo eclecticismo rítmico e melódico que presenta nas súas sesións, tanto na variedade de estilos musicais aos que recorre como nas técnicas que emprega para realizalas. Capas de paisaxes sonoras e músicas tradicionais que en ocasions afírmanse na melodía conformando un fermoso hábitat
ENAMÁIS (Seleccionando os seus discos favoritos da tenda)
Embriagado polo kebab galego, fun exposto a unha experiencia sensorial que trascendeu o meu deleite culinario.
Coa vista anubrada, co corpo paralizado, sentín unha música infinita, do futuro no presente... Eran as melodías dun peirao cósmico: el Muelle.
*Entrada de balde
Chegade cedo para non quedar sen sitio!
(◉‿◉)
Follow us / Síguenos
Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop