EVENTOS│FORA VAI FRIO II ➤ El Muelle Café Bar (◉‿◉)

FORA VAI FRÍO II

"Mercadiño de Autoedición"

Jatafarta
Milena Colella
Nachovsky
Códex Editora
Espazo Boh
Oficina Rúa
Lúa Gándara
Olmo Blanco
Maru Astray
Ferrol Mola
Acinheiras
ElMuelle1931

Aos xiradiscos:

Landras
Chago
LCTRCT

Domingo 29 Marzo | 17:00 - 22:00 h

📍  Café Bar El Muelle (Rúa da Senra, 6)

➤ Entrada de balde ata completar aforo

Este domingo, 29 de marzo, a nosa cafetería convértese de novo nun espazo de encontro para a creación libre e independente. Tras o éxito da primeira edición, celebramos a segunda volta de 'FORA VAI FRÍO', cunha proposta ampliada onde a autoxestión, a arte e a autoedición son os protagonistas.

Nesta ocasión, reunimos unha coidada selección de creadoras e proxectos locais que traen o máis representativo da súa obra para compartilo con todas vós:

Jatafarta • Milena Colella • Nachovsky • Códex Editora • Espazo Boh • Oficina Rúa • Lúa Gándara • Olmo Blanco • Maru Astray • Ferrol Mola

A selección musical correrá a cargo de Chago e LCTRCT.

El Muelle 1931 é unha plataforma vinculada ao negocio familiar que distribúe publicacións tanto de proxectos que nacen na súa contorna máis próxima coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais.

El Muelle 1931 Shop nace coa intención de achegar a un público máis amplo aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes. Un espazo onde conviven proxectos de edición a pequena escala e microeditoriais, pero, sobre todo, que funciona como un punto de encontro para manter a conexión co local e crear redes de apoio entre artistas que autopublican os seus traballos.

*Se estades interesadas en mercar algo do noso catálogo podedes reservalo enviando un correo electrónico a info@elmuelle1931.com

*Se coñeces a alguén que poida estar interesada na obra destas artistas ou no noso catálogo de insólitas propostas, convidaa a este evento!

Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

───◎─────────────

(◉‿◉)

Follow us / Síguenos

Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop

 

Leave a comment