EVENTOS│PRESENTACIÓN DE AMORODIOS ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

PRESENTACIÓN DE AMORODIOS

"Presentación en directo de Amorodios, o novo disco de Xan Campos"

XAN CAMPOS

+ Faia Díaz & Virxilio da Silva

Sábado 11 Abril | 18:00 h

📍  ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)

➤ Entrada de balde ata completar aforo

Xan Campos é unha das voces máis persoais e recoñecidas do jazz ibérico contemporáneo. Formado en conservatorios de Alemaña, Países Baixos e Dinamarca, desenvolveu unha linguaxe propia que combina a liberdade do jazz actual coa súa persoal e creativa visión da música. Con seis discos como líder e máis de trinta como sideman, colaborou con destacadas figuras da escena internacional.

A súa música caracterízase pola experimentación rítmica, a riqueza harmónica e unha forte identidade melódica, integrando influencias que van da electrónica ao impresionismo, pasando polo folclore galego, o pop ou o rock progresivo.

O seu último traballo, Amorodios, é un disco de jazz contemporáneo cunha marcada presenza da tradición galega, que cristaliza a través da voz de Faia Díaz. Ao longo de sete composicións orixinais, o proxecto móvese entre a raíz e a experimentación, ampliando os límites da música improvisada cunha sonoridade aberta e persoal.

Completan a formación Virxilio da Silva no baixo eléctrico e Iago Fernández na batería.

Bandcamp:

https://xancampos.bandcamp.com/album/amorodios

+ Info:

https://xancampos.com

───◎─────────────

(◉‿◉)

Follow us / Síguenos

Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop

Leave a comment