EVENTOS│PRESENTACIÓN DE DIPOLE ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

PRESENTACIÓN DE DIPOLE
"Presentación en directo de Dipole, o novo disco de Death Whistle"
DEATH WHISTLE (Live)
w/ ÁLVARO GALLEGO (Live)
Venres 27 Marzo | 19:00 h
📍 ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)
➤ Entrada de balde ata completar aforo
シ
Víctor García é un deseñador sonoro e explorador audiovisual cuxos pasos foron mutando ao longo dos anos ata solidificarse no seu proxecto máis persoal con Death Whistle. A súa carreira compositiva centrouse na composición de bandas sonoras, para videoxogos e obras cinematográficas como "Unicorn Wars" "Decorado" ou "Psiconautas, os nenos esquecidos", pezas con catro Goyas entre os seus múltiples galardóns.
A aura potente e cinemático das súas obras Víctor García trasládao ao escenario a través intimistas actuacións con belas paisaxes sonoras, ruído emocional e punxentes melodías que envolven ao espectador nunha experiencia desarmante, inmersiva e irresoluble entre o onírico e o terreal. Despues do seu álbum Alter, publicado en Hedonic Reversal, Dipole é a continuación desta traxectoria xunto á familia do selo barcelonés SynthVicious.
Dipole é pausa e frenetismo. Unha viaxe de contrastes, dicotomías, orde e caos. Desde o dub ao noise, do electro ao microminimal, da violencia gratuíta á beleza máis poética. Dipole escribe dúas historias cun mesmo fío condutor: a experimentación como base e o pracer do oínte como fin.
Bandcamp:
https://synthvicious.bandcamp.com/album/death-whistle-dipole
Álvaro Gallego é un músico gaditano afincado en Galicia cunha ampla traxectoria como baixista en diversos proxectos dentro da música experimental e psicodélica, con máis de 400 concertos realizados.
Na súa faceta actual, afonda na creación sonora a través da síntese modular, o uso de samplers e a manipulación de gravacións de campo, empregando o loop como ferramenta compositiva e a improvisación como motor creativo.
Bandcamp:
https://alvarogallego.bandcamp.com/
───◎─────────────