EVENTOS│PRESENTACIÓN DE "LANDLOCKED" ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

PRESENTACIÓN DA CASETE "LANDLOCKED"

de Mo'ong Pribadi & Sholto Dobie (Códex Editora, 2025)

w/ Chago & Diego Delgado (Dj set) + Audición

Sábado 26 Abril │17:00 h - 21:00 h

📍  ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)

➤ Entrada de balde ata completar aforo

O vindeiro sábado 26 presentarase o primeiro lanzamento de Códex Editora, “Landlocked” de Mo’ong Pribadi e Sholto Dobie, con unha sesión de Chago (fundador do selo) e Diego Delgado (masterizador de Landlocked). Tamén se fará unha audición/sesión de escoita do cassette, achegándonos de maneira case orgánica aos sons dos tubos de órgano feitos a mán de Sholto Dobie a través do son natural dos tubos do Organsound.

A grabación de “Londlocked” documenta unha reunión entre Mo’ong Pribadi e Sholto Dobie en Vilnius, Lituania, onde viven ambos.

Mo’ong e Sholto son ambos construtores de instrumentos e músicos autodidactas - crean instrumentos de vento e percusión a partir de materiais atopados e reciclados. Os instrumentos de Mo’ong - feitos en Indonesia - combinan pezas de metal, tubos de PVC, efectos acústicos de reverberación e distorsión, mentres que os instrumentos de Sholto usan un compresor de aire, temporizadores, válvulas, tubos de bambú e frautas de órgano. Os materiais reflicten un interese compartido polo folclore, o DIY (faino-ti mesmo), a música de rúa e os autómatas.

Mo’ong é de Indonesia e Sholto é de Escocia, lugares moi afastados uns dos outros, e esta música non parece pertencer a ningunha parte en particular, pero hai certos elementos que a ancoran nun mundo sonoro estraño e intrigante. A través dos estalidos, chasquidos e zumbidos, pódese percibir trazos superficiais da música tradicional escocesa de gaita, da música folclórica xavanesa e da música noise improvisada.

Tecnicamente, a música parece pertencer a moitos tempos ao mesmo tempo, o feito á man e o industrial combínanse sonicamente e fisicamente como criaturas híbridas. Os clics automáticos e os ritmos manuais superpóñense, desfasándose e entrando e saíndo uns dos outros. Os tubos, tocados tanto por pulmóns humanos como por compresores de aire, son difíciles de distinguir mentres se superpoñen. Óese un ocasional ruído vocal, pero distorsionado a proporcións alieníxenas. Unha música popular mecánica, feita coa axuda de pantasmas.

Bandcamp:
https://codex-editora.bandcamp.com/album/landlocked

*Aforo (moi) limitado!

(◉‿◉)

Follow us / Síguenos

Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop

Leave a comment