EVENTOS │RETRATOS SONOROS ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)

RETRATOS SONOROS

w/ Lucas (♬) & Charly (✎)

Sábado 02 Maio | 18:00 - 20:00 h

📍  ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)

➤ Entrada de balde ata completar aforo

O vindeiro sábado 2 de maio celebramos unha nova edición de RETRATOS SONOROS, unha sorte de clube do disco ilustrado: un espazo pequeno, sen pretensións, para compartir música, conversar e deixar que os discos falen por nós. Un xogo de espellos entre o son e o trazo, entre quen escoita e quen debuxa. Unha tarde para desfrutar de música e ilustración na compaña das nosas veciñas nun refuxio de melómanos no barrio de San Pedro.

Nesta ocasión, o convidado seleccionando discos será de novo Lucas. Cunha curiosidade inesgotable e un oído afinadísimo para os seus 15 anos, Lucas forma parte desa nova xeración que xa é habitual dos eventos que organizamos na tenda e co noso colectivo Colapso. O seu gusto móvese con naturalidade por terreos que moitos tardamos décadas en descubrir; as súas últimas compras na tenda -desde o drone experimental de Tongue Depressor ata o ruído hipnótico de Les Rallizes Dénudés ou o post-hardcore de Unwound- son a mellor proba dunha sensibilidade que foxe do convencional.

A súa parella neste diálogo será Charly, o noso último gran descubrimento. Charly leva pouco tempo visitándonos, pero xa é un dos nosos; un ano máis novo que Lucas, coñecéronse aquí mesmo entre as nosas cubetas partillando vinilos de Sonic Youth, Sunn O))) e Sunny Day Real Estate. Esa conexión inmediata polo noise e o post-punk xa os ten argallando unha futura banda na que Lucas se encargará da batería e Charly da guitarra. Estamos desexando desfrutar da súa sensibilidade tamén enriba do escenario!

Este sábado, a partir das seis, Lucas e Charly compartirán espazo e inspiración na nosa tenda, reconvertida nun salón común onde partillar discos, ilustracións, ideas e risas: vinilos xirando, agullas riscando o silencio e liñas debuxadas ao ritmo da música.

Unha tarde para deixar que o son se converta en imaxe e que o barrio soe como un lugar onde a música e a comunidade seguen a ser o mellor retrato posible.

───◎─────────────


♡ Art by the one and only Chago

(◉‿◉)

Follow us / Síguenos

Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop

Leave a comment