Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Blue Lake – Stikling - ElMuelle1931

Blue Lake – Stikling

Regular price
€19,00
Sale price
€19,00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

Polychrome / Denmark / 2022

* english below
A palabra "stikling" en danés alude ao esgallo extraído dunha planta que se coloca nunha nova terra. Jason Dungan utiliza dita metáfora para comparar esta técnica propia da xardinería -outra das súas afeccións- co proceso de gravación do seu terceiro disco. "Música que crecía co tempo, partes que se engadían, quitábanse, reescribíanse e volvíanse a gravar."

Gran parte do último LP de Blue Lake céntrase na cítara de 48 cordas construída por este artista danés interesado na improvisación e na investigación creativa que, no seu afán por experimentar coa superposición de patróns, tunea a súa cítara coa intención de explorar a interpretación de capas en directo.

Ademais de aproveitar as grandes posibilidades tonales deste instrumento centenario caseiro engade drones de órgano e outros instrumentos acústicos máis convencionais como o piano, clarinete, violoncelo, a guitarra e percusións que se mesturan, dando como resultado unha suite de catro cancións accesibles que albergan un interior meditativo. Catro composicións sen estridencias, gravadas en solitario por este multinstrumentista, que evocan vistas cara a un folk minimalista, cósmicamente misteriosas e bendicidas por unha intimidade bucólica.

Stikling comezou a xestarse no verán do 2020 na residencia de artistas que dirixe en Andersabo (Suecia) e pon de manifesto ao longo das súas pezas unha absorción dese lugar, da atmosfera e do tempo.
A súa escoita antóllase unha invitación para mudarnos definitivamente ao campo, onde poder gozar da tranquilidade que nos contaxian estas radiantes cancións instrumentais.

A nosa empatía cara a esta persoa -cordial e xenerosa desde un primeiro intercambio de inquietudes- continúa en aumento tras comprobar que, despois de tres discos en solitario e colaboracións varias, segue ondeando a bandeira da autoxestión. Fiel á filosofía de promover a liberdade creativa e controlando desde a independencia os procesos de edición, produción e difusión.

O disco foi publicado por Polychrome, proxecto do que tamén é co-fundador e que, ademais de espazo de residencia artística, tenda e arquivo, ten como obxectivo activar propostas de arte sonora e narrativas experimentais dando visibilidade ao traballo de artistas nórdicos.

*Permanecede atentas porque proximamente subiremos á nosa tenda en liña algunhas copias da súa casete xa descatalogada. Como non tardará en estalo este interesante disco que xa forma parte da nosa banda sonora estival.             
                                        

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


This record began in summer 2020, when I was staying at Andersabo, Sweden, where I run an artists' residency. I had access to a nearby church, and would set drones going on the organ while playing clarinet and piano. I started working with the combination of these long, sustained tones, combined with acoustic instruments, where the sound's duration was only as long as a breath or the pluck of a string.


A lot of the last Blue Lake LP was made using a series of zithers that I built myself. I have always been interested in layering sounds, and had in the past made music by recording several guitar parts and putting them together. The zithers allowed me to explore this kind of layered playing live, as both hands can be used simultaneously to create overlapping patterns. In the summer that I started recording Stikling, I built a much larger 48-string zither that expanded a lot of these possibilities and ended up featuring in a lot of the new music.

Each piece on Stikling began with some kind of drone - an organ tone or a frozen note on the cello. A particular phrase on piano or a series of clarinet chords would start to determine a structure, and the music grew over time, with parts being added, taken away, re-written, re-recorded.

The word “stikling” in Danish means a cutting taken from a plant that is then set in new soil. During the past two years, I’ve been working with gardening - planting, collecting seeds, and making cuttings. These processes often involve a mix of creation and destruction – growth goes hand in hand with removing old material and cutting things down. This kind of circularity fed into the music as it was being developed for the LP. After starting on the church organ in summer 2020, I finished by recording on the little pump organ at Andersabo in summer 2021.  - Jason Dungan (Blue Lake)