tumbalacasa Ediciones / 2025/ México/ ES
* ES abaixo
«Contra a Paisaxe Sonora. 4 Críticas», de Tim Ingold, é un texto que contribúe a cuestionar o concepto de paisaxe sonora, acuñado polo compositor canadense Murray Schafer en 1977.
Segundo as persoas tradutoras, a partir dun proxecto de «afinación do mundo», este concepto canónico nas prácticas sonoras xustificou o valor supostamente intrínseco dos sons que importan fronte aos que non, e establece categorías universais de escoita para comprender os contornos.
Ao intentar unha universalización de criterios estético-formais para escoitar calquera son gravado, as teorías do obxecto sonoro e a súa práctica no soundscape desatenden as condicións situadas da gravación, así como a reflexividade ético-política do suxeito que percibe ou manipula ese obxecto sonoro; aspectos centrais para unha escoita ambiental.
Neste texto atoparedes unha proposta epistémico-estética que abraza a conflitividade que se atopa no centro de toda vontade de taxonomizar e nomear (e do proxecto colonial oculto nela), cuestionando de raíz a división dada entre cultura e natureza, así como a separación entre o son e a súa escoita. Este enfoque propón reensamblar os sentidos sen unha xerarquía para asumir que a ética performa a estética e, en consecuencia, preguntarnos polos múltiples intercambios afectivos, materiais, enerxéticos e de información que, nese prego que acontece entre o contorno cambiante e o noso corpo situado, teñen lugar a diferentes escalas entre corpos humanos e non humanos.
Sen que esta crítica implique unha praxe determinada, este texto é unha provocación para pensar o son xa non como un obxecto que capturar, senón como un posibilitador de experiencias de escoita situada, cuxa planificación e rexistro demandan reflexividade e suscitan preguntas en relación coa súa ética.
A tradución foi realizada de maneira colaborativa polo círculo de estudos «Contra o soundscape. Cara a unha escoita non antropocéntrica»; unha iniciativa autoxestionada que interroga o papel dunha escoita intersensorial para (re)coñecer os nosos contornos e as relacións interespecie que os atravesan. As ilustracións que acompañan o texto son de Albania Juárez.
(ES)______________________________________________________________________
Contra el Paisaje Sonoro. 4 Críticas” de Tim Ingold es un texto que contribuye a cuestionar el concepto de paisaje sonoro, acuñado por el compositor canadiense Murray Schafer en 1977.
Según lxs traductorxs, a partir de un proyecto de “afinación del mundo”, este concepto canónico en las prácticas sonoras ha justificado el valor supuestamente intrínseco de los sonidos que importan frente a los que no y establece categorías universales de escucha para entender los entornos.
Al intentar una universalización de criterios estético-formales para escuchar cualquier sonido grabado, las teorías del objeto sonoro y su práctica en el soundscape desatienden las condiciones situadas de la grabación, así como la reflexividad ético-política del sujeto que percibe o manipula ese objeto sonoro; aspectos centrales para una escucha ambiental.
En este texto encontrarán una propuesta epistémico-estética que abraza la conflictividad que se halla al centro de toda voluntad de taxonomizar y nombrar (y del proyecto colonial oculto en ella), cuestionando de raíz la división dada entre cultura y naturaleza, así como la separación entre el sonido y su escucha. Este enfoque propone re-ensamblar los sentidos sin una jerarquía para asumir que la ética performa la estética y, en consecuencia, preguntarnos por los múltiples intercambios afectivos, materiales, energéticos y de información que, en ese pliegue que acontece entre el entorno cambiante y nuestro cuerpo situado, ocurren en diferentes escalas entre cuerpos humanos y no humanos.
Sin que esta crítica conlleve una praxis determinada, este texto es una provocación para pensar el sonido ya no como un objeto a capturar, sino como un posibilitador de experiencias de escucha situada, cuya planificación y registro demandan reflexividad e incitan preguntas respecto a su ética.
La traducción fue realizada de forma colaborativa por el círculo de estudios “Contra el soundscape. Hacia una escucha no antropocéntrica”; una iniciativa autogestiva que interroga el papel de una escucha inter-sensorial para (re)conocer nuestros entornos y las relaciones interespecie que los atraviesan. Las ilustraciones que acompañan el texto son de Albania Juárez.






