Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
  • Load image into Gallery viewer, Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
  • Load image into Gallery viewer, Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
  • Load image into Gallery viewer, Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
  • Load image into Gallery viewer, Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz
  • Load image into Gallery viewer, Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz

Gusano de tierra- Manuel Hernández Ruiz

Regular price
€20,00
Sale price
€20,00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

Palm Press  / 2024 / 17 x 24 cm /  64 páx / Offset a 4 tintas / Bogotá

* english below

O libro é unha compilación de pinturas e debuxos sobre teas, ao xeito de viñetas que describen a historia da creación e da destrución dun mundo establecido. Unha narración dividida en tres grandes momentos: A primeira parte amosa a aparición dun "administrador/a", que nace do raio, do po ou do baleiro mesmo. A segunda parte amosa os seres vivos desenvolvéndose: a fauna, a flora e os elementos que determinan o seu contexto. A terceira parte é a manifestación do ser racional, a creación das estruturas sociais e organizacionais e a súa posterior destrución. O verme de terra é unha metáfora da natureza do relato, asociando este pequeno animal primordial cun infinito ciclo vital.

Manuel Hernández Ruiz despregra neste libro un mundo de forzas primarias que se expresan violentamente: lumes, oracións, paredes, árbores e, de novo, lumes. Un abre este libro tan colorido e sente as lapas saír, consumirnos as pestanas e as cellas, queimarnos as pupilas para logo acomodarse dentro de nós nunha estrutura defensiva precaria, un refuxio temporal, consciente da súa insuficiencia, pero desafiante; un campamento nocturno levantado para defenderse dos demos e monstros indescritíbeis que son os verdadeiros donos do mundo.

Hai unha consciencia nas imaxes ás veces manchadas, ás veces máis ordenadas, das presenzas misteriosas e inesplicábeis que palpitan na escuridade, o seu gozo, agresividade e poder, e tamén as posibilidades que temos de sobrevivir nese entorno agreste e inhóspito grazas ao noso enxeño, ás nosas pregarias, á nosa rabia e á nosa forza - Manuel Kalmanovitz G.


_________________________________________________________________________                                       


In this book, Manuel Hernández Ruiz unfolds a world of primal forces violently expressed: fires, prayers, walls, trees and, again, fires. One opens this book brimming with colors and feels the flames come out, consuming our eyelashes and eyebrows, burning our pupils and then settling inside us in a precarious defensive structure, a temporary refuge, aware of its insufficiency, but defiant; a night camp erected to defend against the demons and unspeakable monsters that are the true masters of the world. 

There is an awareness in the sometimes smudged, sometimes tidier images, of the mysterious and inexplicable presences that throb in the darkness, their joy, aggression and power, and also the possibilities we have of surviving in that wild and inhospitable environment thanks to our wits, our prayers, our rage and our strength - Manuel Kalmanovitz G.