Anoche Press / 2025 / 14,8 cm x 21 cm / 48 páx / 4 tintas / Dixital-ófset / ES / EN / 200 exemplares
* english below
Amuleto é un libro que transcende o visual para converterse nun talismán. A través dunha serie de xogos gráficos, Ana Bustelo explora a potencia do debuxo como linguaxe, onde a composición, a cor e a textura entrelázanse para crear pezas que convidan á contemplación e a sorpresa. Cada páxina funciona como un pequeno universo autónomo, un amuleto visual que protexe, desafía ou encanta. A obra oscila entre o lúdico e o poético, propoñendo un diálogo íntimo entre o libro e quen o sostén. Non é só un catálogo de imaxes, senón un artefacto cargado de simbolismo, unha invitación para perderse nos seus pregos cromáticos e descubrir novos significados en cada mirada.
_________________________________________________________________________





