Anaglyfparken - Anaglyfparken - ElMuelle1931

Anaglyfparken - Anaglyfparken

Regular price
€31,00
Sale price
€31,00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

Bibliotek / Sweden / 2021

Descubrimos a música de "Anaglyfparken" grazas a un programa de NTS radio no que Jed Bindeman pinchou o tema "Vattnets kullkastande spegel".

A Jed debémoslle agradecer non só poñer no noso radar este proxecto do talentoso Petter Herbertsson (Testbild!, Blago Bung), senón tamén a reedición, a través do seu selo Concentric Circles, de "Ulrika", o excelente álbum que Herbertsson publicou en solitario baixo o nome de Sternpost (proximamente nas nosas cubetas!).

«Anaglyfparken», publicado en 2021 polo selo Bibliothek, é un proxecto colectivo sobre un parque ficticio que combina partes faladas, escritas e cantadas. É unha mestura de colaxes sonoras, pasaxes jazzísticos, spoken word, e gravacións de campo.

A música deste álbum foi composta polo artista sueco Petter Herbertsson (voz, piano, Fender Rhodes, Wurlitzer, sintetizador, clavicordio, baixo eléctrico, contrabaixo, guitarras, glockenspiel, batería, percusión, xilófono, vibráfono...), e os textos (en sueco) son da poetisa Karin Christensen.

No álbum participan unha vintena de persoas, entre elas os músicos Siri af Burén e Tomas Bodén, e as poetas Ann Jäderlund, Ulrika Revenäs Strollo e Martti Soutkari, que enviaron sons, lecturas, melodías ou fragmentos de cancións. Estes elementos se entretecen coas composicións de Petter, combinando elementos do jazz, a poesía sonora e gravacións de campo, creando un rico tapiz de sons que transcenden os límites do jazz de vangarda e o spoken word.

O deseño da portada de Anaglyfparken e o logotipo de Bibliotek son obra do artista Jacob Grønbech Jensen.