Penultimate Press / UK / 2022 / CS
"Komare return with a 4 part document recorded during the apocalypse"
O dúo formado por Dominic Goodman e Peter Blundell (dous tercios dos defuntos Mosquitoes) presentan unha proposta aínda máis minimalista e indescifrable que a da súa banda nodriza. Unha viaxe profunda de post-psicodelia oscura "gravada en 4 partes durante a apocalipse", que explora territorios deconstruidos a base de zumbidos electrónicos, murmurios inintelixibles e abstracción industrial.
Cada unha destas catro pezas de disonancia ruidista é unha experiencia surrealista que axexa nas sombras e se move por camiños inesperados, lonxe do canon e das restriccións impostas pola ortodoxia.
Outro proxecto da órbita dos nosos admirados Mosquitoes que vale a pena seguir de preto!