Manuel Moreno y Maite Zabaleta / Libros Walden / ES
* ES abaixo
AMOR!
ACCIÓN!
TERROR!
DRAMA!
EROTISMO!
HUMOR!
Todo isto e moito máis podía atoparse nas fotonovelas. Libros Walden publica Criaturas estáticas, un libro que conta a súa historia, desde as cinenovelas e fotofilms dos anos 30 ata as reivindicacións kitsch e artísticas dos 80.
A pesar de ser denunciada pola Igrexa por pervertir os valores tradicionais, criticada
polos comunistas por perpetuar os valores burgueses, deostada pola literatura e
a intelectualidade, vilipendiada pola fotografía artística e odiada polo mundo do
cómic e mesmo por algúns dos seus maiores impulsores, a fotonovela gozou a mediados do século XX de gran popularidade nos países latinos de Europa e América. Nada nos anos de posguerra como complemento do cinema, cualificada inxustamente como xénero romántico e finalmente substituída polas telenovelas, as fotonovelas ocuparon durante un cuarto de século as páxinas de revistas femininas, xuvenís, cinematográficas e musicais, pero ademais tiveron decenas de cabeceiras propias, principalmente de xénero romántico, pero tamén de acción, de terror, eróticas ou de humor.
Criaturas estáticas tenta recuperar un formato esquecido e deostado repasando a súa historia e, de paso, reivindicar a fotonovela non só como obxecto do pasado obxecto de estudos académicos fóra das nosas fronteiras, senón como sistema de narración cun gran potencial para contar historias visualmente nunha sociedade que vive, hoxe máis que nunca, obsesionada coa imaxe.
Ao longo de 240 páxinas e case 300 imaxes de todo tipo de fotonovelas desde os anos 40 á pasada década, Manuel Moreno e Maite Zabaleta repasan esta esquecida historia nun volume que segue, á súa maneira, aos títulos "Todo era posible" e "Papeis subterráneos" na nosa recuperación e homenaxe ao mundo das revistas.
(ES)______________________________________________________________________
por los comunistas por perpetuar los valores burgueses, denostada por la literatura y
la intelectualidad, vilipendiada por la fotografía artística y odiada por el mundo del
cómic e incluso por algunos de sus mayores impulsores, la fotonovela gozó a mediados del siglo XX de gran popularidad en los países latinos de Europa y América. Nacida en los años de posguerra como complemento del cine, encasillada injustamente como género romántico y finalmente sustituida por las telenovelas, las fotonovelas ocuparon durante un cuarto de siglo las páginas de revistas femeninas, juveniles, cinematográficas y musicales, pero además tuvieron decenas de cabeceras propias, principalmente de género romántico, pero también de acción, de terror, eróticas o de humor.













