Estraperlo / 2019/ Edic. bilingüe GAL e ES
* ES abaixo
Miradas cruzadas é un ensaio breve no que se destilan as 406 páxinas da tese de doutoramento da mesma autora “Cinema, Paisaxe, Pintura. Unha ollada ao audiovisual galego contemporáneo” (USC, 2018), pero non se tratou de publicar un resumo da investigación, senón de construír a partir da mesma unha nova proposta, condensada e sólida, pero tamén áxil e accesible.
A primeira parte contextualiza e desenvolve varios casos de estudo de autoras e autores, mentres que na segunda se agrupan os fragmentos mais relevantes dos cuestionarios que se lles realizaron para a citada investigación de doutoramento.
O conxunto ofrece un percorrido que parte da encrucillada nos espazos compartidos polo cinema, a pintura e a paisaxe, para lanzar miradas desde esta intersección ao audiovisual galego contemporáneo e a 7 dos seus nomes máis representativos: Carla Andrade, Xurxo Chirro, Xisela Franco, Oliver Laxe, Lois Patiño, Miguel Mariño e Alberte Pagán.
Sara Donoso é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta ademais con estudos de Grao en Belas Artes na Facultade de Pontevedra e dous másters: Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas e Máster en Estudos da Literatura e da Cultura, ambos da Universidade de Santiago de Compostela. Ten centrado a súa carreira en dinamizar a cultura e a arte dando visibilidade a artistas galegas/os a través de textos, proxectos didácticos e exposicións. Actualmente compaxina os seus proxectos persoais de crítica, comisariado e xestión artística coas súas colaboracións coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra e a Fundación RAC de Pontevedra.
Características 130 páxinas, 125x205mm, 300 exemplares
Edición: Intersección e Estraperlo Editor: Enrique Lista
Deseño: Tono Mejuto
Traducción español: Sara Donoso
(ES)______________________________________________________________________
Características 130 páginas, 125x205mm, 300 ejemplares
Edición: Intersección e Estraperlo Editor: Enrique Lista
Diseño: Tono Mejuto
Traducción español: Sara Donoso