Museum Of No Art – Museum Of No Art - ElMuelle1931
Museum Of No Art – Museum Of No Art - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Museum Of No Art – Museum Of No Art - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Museum Of No Art – Museum Of No Art - ElMuelle1931

Museum Of No Art – Museum Of No Art

Regular price
€10,00
Sale price
€10,00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

BBJCT / Germany / 2019 / CS Limited Edition C-20 Tape (2nd Edition)

Pro-dubbed C-20 Tape, Letter-press J-card

Mona Steinwidder é unha artista e música afincada en Hamburgo. Traballou como música en diversos contextos, proxectos e bandas desde 2004, ademais de cofundar varios selos discográficos e traballar como artista independente.

Ademais do seu proxecto en solitario Mohna, forma parte da banda de pop experimental Me Succeeds e colabora desde hai anos co produtor de música electrónica Christian Löffler. Participa en proxectos relacionados con producións de teatro musical, obras multimedia e espectáculos de danza.

Desde 2017 desenvolve un proxecto multidisciplinar e experimental en solitario baixo o título 'Museum of Non Art'. Tamén fundou o selo colectivo I Saw Music, así como o selo STSTST especializado en formatos musicais non convencionais.

Esta cinta, o seu primeiro lanzamento en cinta con este alter-ego, foi publicada orixinalmente no ano 2019 polo selo BAD BOY JESUS TAPE CLUB e reeditada agora para goce de quen chegamos demasiado tarde.

BBJTC é unha plataforma sonora experimental e forma parte do BAD BOY JESUS CITY SWIMMERS CLUB. Este club de casetes é un espazo para a colaboración. Unha entidade inclusiva e de xénero fluído na que todo o mundo é benvido e a súa afiliación é gratuíta.