
Estraperlo / 2020 / ES
* ES abaixo
Poemario Geométrico é unha homenaxe de Rosendo Cid ao singular libro Testamento Geométrico de Rafael Dieste. O traballo de Cid sobre o texto de Dieste tamén é singular: somete cada unha das páxinas a un vaciamiento ou borrado parcial, mantendo algunhas palabras, que van formando frases e poesías soltas, nunha sorte de xeometría azarosa dos sentidos poéticos e dispersos que as propias páxinas orixinais xa contiñan no seu interior.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) móvese con fluidez entre as artes plásticas e a escrita, de xeito que os seus textos evocan universos visuais ou mesmo físicos, mentres que as súas esculturas, instalacións, fotografías, collages e obras inclasificables préstanse sempre á lectura aberta, sendo capaces de acoller múltiples interpretacións, mesmo (ou especialmente) contraditorias.
Ten exposto e/ou amosado proxectos individuais na Sala Sargadelos (Vigo), Galería Nordés, Tipos Infames (Madrid), Aparador 22 (Girona), Fundación RAC, Galería Metro, CGAC, Fundación Eugenio Granell, Exteril (Oporto) ou Museo Municipal de Ourense; e participou en mostras colectivas no MUSAC, Fundación Luis Seoane, MAC, Real Academia de España en Roma, Auditorio de Galicia, Centro Torrente Ballester, MARCO, Centros Culturais Novacaixagalicia, Fundación Laxeiro, Palacio Herrera y Rojas (Lanzarote), Casa das Artes (Oporto), Galería Bacelos, CGAC e Museo Centro Gaiás, entre outras.
Publica textos e outros contidos desde o ano 2000, nalgunhas ocasións a través do seu alter ego Eduardo Torres. Tanto polo seu traballo de escrita como polas súas propostas plásticas ten recibido diversas becas e galardóns, incluindo o Primeiro Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea. Realizou tamén varios comisariados e as súas obras forman parte de coleccións tanto públicas como particulares.
Características 152 páxinas, 105x183mm, 500 exemplares
Edición e deseño: Tono Mejuto
Revisión editorial: Enrique Lista
Dirección editorial: Gonzalo E. Veloso e Tono Mejuto
lustración portada: Cuberta orixinal do libro Testamento Geométrico de Rafael Dieste, Ediciós do Castro, 1975.
(ES)______________________________________________________________________
Características 152 páginas,105x183mm , 500 ejemplares
Edición y diseño: Tono Mejuto
Revisión editorial: Enrique Lista
Dirección editorial: Gonzalo E. Veloso e Tono Mejuto
lustración portada: Cubierta original del libro Testamento Geométrico de Rafael Dieste, Ediciós do Castro, 1975.