Estraperlo / 2018/ GAL
* ES abaixo
Síntomas contén fotografías de medicamentos, envases e outros obxetos de uso médico, desbotados ou perdidos. O que serve para aliviar os síntomas dunha doenza pode interpretarse á súa vez como síntoma desa doenza.
As imaxes dan información sobre os distintos tipos e graos de dor padecida polas persoas que habitan a área xeográfica do mostrario, mentres que os textos que as acompañan orientan a interpretación deses síntomas, aínda que cada lector pode facer o seu diagnóstico.
Todas as fotografías do libro foron tomadas co mesmo teléfono móbil, entre xaneiro de 2017 e xullo de 2018, na cidade da Coruña (excepto a última, tomada en Escras, Malpica de Bergantiños).
Enrique Lista (Malpica, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ten realizado investigación académica e actividades profesionais nos ámbitos da arte, o deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural. Como artista tivo exposicións individuais na Fundación Luís Seoane, Zona “C”, Galería Adhoc ou Sala Alterarte, e mostras colectivas no MAC, MARCO, Centro Torrente Ballester, CGAC, Centre Civic Sant Andreu, Casa da Parra, Auditorio de Galicia, Fundación Laxeiro e Fotobienal de Vigo. Tanto no ámbito académico como fóra do mesmo, realiza actividades de docencia, talleres e conferencias. Ademais de en catálogos, publicacións colectivas e/ou académicas, o seu traballo ten sido recollido en varias publicacións individuais, entre elas este Síntomas da editorial Estraperlo.
Características 116 páxinas, 105x182mm, 500 exemplares
Edición: Tono Mejuto
Deseño: Yelena Smith
Revisión lingüística: Sandra Expósito
(ES)______________________________________________________________________
Deseño: Yelena Smith
Revisión lingüística: Sandra Expósito