Sombra - ElMuelle1931
Sombra - ElMuelle1931
Sombra - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Sombra - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Sombra - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, Sombra - ElMuelle1931

Sombra

Regular price
$12.00
Sale price
$12.00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

Carne Líquida / 2017 / Caderno A5 - Grapa / 24 páxs. / B/N (portada, interior) / Mute

* english below
"Sombra é un caderno pequeno de 20 páxinas, no que Brais Rodríguez aposta por un estilo moi sobrio, en plumilla a branco e negro coa que crea as súas texturas liña a liña. Ao reiterar una mesma reixa de tres por tres viñetas -o modelo clásico dos cómics sobre crimes de Bernie Krigstein– sempre recheas de planos enteiros, a súa posta en páxina tende a devir transparente. Esta transparencia reticular provén orixinalmente da tira de prensa, que conformaría algo semellante a unha frase ou proposición, un mecanismo que o autor segue inicialmente a machada.
Neste punto Sombra garda un certo aire de familia cos autores franceses de L’Association aínda que aquí o humor físico é substituido por unha trama simbólica envorcada no misterio.
Esta trama simbólica de fondo remite en Sombra ao mito xenético do cristianismo: a caída, expulsión do Edén e subseguinte condena ao traballo; aquí exposto a partir da sabotaxe dunha relación sentimental por un empresario de silueta colombina, escuro demiurgo secundado por unha parella arcanxélica de camorristas.
Esta separación amorosa é, ante todo, de lugares: a casa, seo primeiro da feliz parella e logo da muller solitaria; o bosque, praza forestal de tránsito en perigo, e esa cidade mineral, centro anónimo do desempeño profesional.

A sombra cazadora, aquela que persegue a nosa figura, asédiaa e ameaza absorbela, brota neles desde fóra de campo para vagar cinematograficamente escindida do seu corpo. Con todo, o naturalismo diexético, narrativo, que impregna Sombra contraponse a unha constante posta en abismo da representación pictórica, a mímesis. Os repregamentos entre as figuras e a súa recreación gráfica por parte do protagonista -o mesmo pintor- son constantes: a serpe que sae do cadro na parede para roldar unha habitación, a súbita inmersión do espectador entre as pinturas dunha galería de asasinatos ou, viceversa, a nosa expulsión da viñeta ao repousar esta na seguinte sobre un caballete de artista. Sortilexios que culminan cos inquietantes movementos oculares no cadro do negro rostro de Sombra, que cobra vida. Este é o seu contorno, a arte vinculada á tensión entre dar a vida e a morte, entre a póstuma traizón do noso fundamento escatolóxico e a vaidade reprodutiva como foxe cara adiante, finalmente, entregada á traxedia do eterno retorno" - Breixo Harguindey (13 Millones de Naves). 

_________________________________________________________________________