Cielo Santo / 2023 / ES
* ES abaixo
Traumacore. Crónicas de una disociación feminista é un ensaio literario en torno ao feminismo disociativo e a cultura post-traumática actual que se cuestiona como falar das feridas sen embelecelas.
Núria Gómez Gabriel desprega, desde a crónica vivencial, a análise política, e o pensamento e literatura góticos, unha escritura onde teoría e corpos tensionan os límites da norma. A erotomanía, as temporalidades do trauma, as imaxes da dor compartidas en comunidades en liña, o morute (ou estética podrecida), as epistemoloxías paranoicas, o anarquismo místico ou o mundo do abuso tenro, son algunhas dos roteiros que aquí se atravesan.
Traumacore está habitado por hiperfeminidades e ectoplasma como mensaxeiras do terrorífico, así como por ollos alados para a manifestación de materializacións on e offline. Convive neste texto a posibilidade de asumir a autodestrución ou a despersonalización como características intrínsecas das nosas crenzas e identidades nunha viraxe cara a un feminismo descentrado, ou non sempre en convivencia co vivo.
Núria Gómez Gabriel (Barcelona, 1987) é investigadora, docente e comunicadora cultural. Doutora en Comunicación pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. O seu traballo presentouse en institucións como Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, A Casa Acesa, Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (MACBA), Arts Santa Mònica (Barcelona), TABAKALERA Centro Internacional de Cultura Contemporánea (San Sebastián), Centro de Arte Dos de Mayo(Madrid), entre outros. Publicou o ensaio Love me, Tinder (Temas de Hoxe, 2019).
21x16cm
208 páxinas
(ES)______________________________________________________________________
Traumacore. Crónicas de una disociación feminista es un ensayo literario en torno al feminismo disociativo y la cultura post-traumática actual que se cuestiona cómo hablar de las heridas sin embellecerlas.
Núria Gómez Gabriel despliega, desde la crónica vivencial, el análisis político, y el pensamiento y literatura góticos, una escritura donde teoría y cuerpos tensionan los límites de la norma. La erotomanía, las temporalidades del trauma, las imágenes del dolor compartidas en comunidades online, lo morute (o estética podrida), las epistemologías paranoicas, el anarquismo místico o el mundo del abuso tierno, son algunas de las rutas que aquí se atraviesan.
Traumacore está habitado por hiperfeminidades y ectoplasma como mensajeras de lo terrorífico, así como por ojos alados para la manifestación de materializaciones on y offline.
Convive en este texto la posibilidad de asumir la autodestrucción o la despersonalización como características intrínsecas de nuestras creencias e identidades en un viraje hacia un feminismo fuera de quicio, o no siempre en convivencia con lo vivo.
21x16cm
208 páginas






